/* 1.- ►► JQUERY ( Colocar en divi opciones /integregaciones header ) 2.- ►► JQUERY ( Añadir un módulo de codigo en la página y ahi pegar el Jquery */

Historia da a.d.n.

Fundado en 1996 por un grupo de pais, co obxetivo principal de dar un futuro educativo e deportivo mellor a todos os xogadores de Negreira e Comarca.

A.D.N.

Asociación Deportiva Nicrariense

O noso comenzo

A Asociación Deportiva Nicrariense xurde no ano 1996, e nace como unha solución da mala organización deportiva que existía ata o momento en relación ao fútbol de base no Concello de Negreira. Esta labor realiza un grupo de pais e nais co obxectivo principal de proporcionar un futuro deportivo e educativo baseado na formación e promoción dos xogadores de Negreira e comarca.

No ano 2010, existe un acordo de fusión entre os clubs A.D.Nicrariense e S.D.Negreira dentro da cal os equipos da A.D.Nicrariense se integran dentro da estrutura da Sociedade Deportiva Negreira; para que a entidade puidera continuar en 3º División (Galicia),sanear as contas do equipo, e por outro lado tamén proporcionar un mellor futuro deportivo os xogadores da base.

A Asociación Deportiva Nicrariense (ADN) retoma a actividade no ano 2017, a raíz de unha serie de problemáticas xurdidas entre o primeiro equipo e o fútbol base da S.D.Negreira , na cal A.D.N. volta as súas orixes iniciais, apoiada novamente polos pais/nais do xogadores co obxectivo de poñer en valor a canteira Nicrariense, baseándose principalmente na transmisión de valores por un lado e unha estruturación deportiva fundamentada no deporte base polo outro, como pilares principais do seu proxecto.

A nosa filosofía

ADN dende os seus inicios, sempre se caracterizou por ser un club que fai unha aposta importante pola formación integral dos seus deportistas, na que clubs importantes a nivel autonómico (como R.C.Celta de Vigo ou Deportivo da Coruña) e nacional (Real Madrid, Atlético de Madrid,…) puxeron os seus ollos nos nosos xogadores

A A.D.Nicrariense posúe actualmente unha estrutura piramidal, abarcando dende os equipos biberóns (4-5 anos) ata os equipos seniors cunha transferencia positiva entre os diferentes equipos para recoller as distintas etapas formativas dos/as xogadores/as, e que acadan a súa culminación nos equipos sénior, masculino e feminino, nutridos fundamentalmente de xogadores formados no noso club.

O noso escudo

A A.D.N é un club que gusta por gardar as tradicións, como proba diso é o escudo. Ademais de levar as cores verdes que son utilizadas nas equipacións do club, destaca varios símbolos que aparecen no emblema do club:

A Ponte Maceira. A imaxe do escudo de Negreira ven dada pola vinculación xacobea de Negreira co corpo do Apóstolo Santiago  e os acontecementos ocorridos na Ponte Maceira (Negreira) onde as tropas dos régulos romanos de Fisterra quedaron sepultados baixo a ponte na persecución dos discípulos do Apóstolo, que buscaban permiso para poder dar sepultura ó corpo santo en terras compostelás da reina ”Lupa”. Así, a estela dourada mostra a un soldado romano armado cunha espada de prata, en pé ante a ponte partida sobre o río, mentres ó outro lado triunfa a cruz, simbolicamente perseguida.

As X .As “X” que aparecen nos laterais do escudo da A.D.N son as aspas de San Andrés, moi utilizadas en Heráldica.

O símbolo do Ácido Desoxirribonucleico (macromolécula que contén e transmite a información xenética dunha xeración a outra) quere transmitir tanto o sentido de pertenza ó club, así como unha forma de entender unha filosofía de facer as cousas que será transmitida de pais a fillos.

O balón, simboliza a actividade deportiva, pola cal iniciou o club a súa actividade, neste caso o fútbol e o fútbol sala.

Un pequeno recordo en imaxen

Os nosos colaboradores

Os nosos colaboradores

ASOCIACIÓN DEPORTIVA NICARIENESE

Quereste unir ó clube?

A Asociación Deportiva Nicrariense ten as portas abertas a todos aqueles nen@s que lle gusta o fútbol.

Contacto A.D.N.

+34 633 29 42 45

oficina@adnicrariense.org