/* 1.- ►► JQUERY ( Colocar en divi opciones /integregaciones header ) 2.- ►► JQUERY ( Añadir un módulo de codigo en la página y ahi pegar el Jquery */

1º Campus compos – a.d.n.

1º Campus Compos de Negreira, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 18 anos que terá lugar do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de xullo no Campo de Fútbol de O Cepelo (Negreira).

 

PREZO / SEMANA

XERAL: 140€

XOGADORES A.D.N. ou  COMPOS : 90€

ABONADOS ou FILLOS: 125€

IRMÁNS DE INSCRITOS: 70€

Máis información no mail coordinadorbase@sdcompostela.com ou no teléfono 652 07 52 76.

1º CAMPUS SD COMPOSTELA – A.D.N.

Dentro do convenio de colaboración asinado entre a Sociedade Deportiva Compostela e a Asociación Deportiva Nicrariense, este verán celebrarase a primeira edición do Campus Compos de Negreira, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 18 anos que terá lugar do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de xullo no Campo de Fútbol de O Cepelo (Negreira).

O Campus, en horario matinal de 9.00 a 14.00 horas (con posibilidade de madrugadores ás 8.30 horas), ofrecerá aos participantes unha oportunidade de gozar do fútbol nun ambiente lúdico e seguro, no que se primará o desenvolvemento social dos pequenos. Ademais, cumpriranse todos os protocolos e medidas sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias, no marco actual de pandemia da covid-19.

Así mesmo, os participantes terán un seguro de accidentes que responderá ante calquera problema que puidese xurdir. E, a maiores, por participar recibirán, un pantalón e camiseta ao comezo da semana.

Os prezos, por semana, varían en función das distintas modalidades previstas. Así, a tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados das entidades, 125€; para os xogadores da base de ambos clubs, 90€; e para irmáns de inscritos, 70€.

O prazo de inscrición está xa aberto e os interesados poderán recibir máis información no mail coordinadorbase@sdcompostela.com ou no teléfono 652 07 52 76.