/* 1.- ►► JQUERY ( Colocar en divi opciones /integregaciones header ) 2.- ►► JQUERY ( Añadir un módulo de codigo en la página y ahi pegar el Jquery */

entrevista ó presidente

Unha entrevista máis que interesante a do noso Presidente

 

“Queremos darlle unha oportunidade a todos os rapaces e rapazas do noso pobo”

Jesús DoPazo Malvárez

Presidente, Asociación Deportiva Nicrariense

Jesús DoPazo Malvárez  Suso leva sendo membro directivo do Club dende que se refundou no ano 2017, logo dun período de inactividade, e dende fai un ano ostenta o cargo de presidente da A.D.Nicrariense. Nadie mellor que él para mostrarnos as súas impresións e coñecer un pouco máis a ADN

PREGUNTA¿ Cal é o seu proxecto máis o da xunta Directiva para a A.D.Nicrariense ? RESPOSTA – Como club a nosa mentalidade é que os rapaces e rapazas da nosa contorna poidan xogar en Negreira sen marchar para outros lados, para levalo a cabo temos un proxecto no que cada etapa dende que entra pola porta da ADN é importante, incluida a de sénior, que leva moitos anos olvidada para os xogadores de Negreira. Queremos darlle unha oportunidade a todos eses rapaces, e tamén as rapazas, que ó acabar a súa etapa de fútbol base xa non tiñan cabida en Negreira. Por outro lado, somos unha directiva bastante ben formada, penso eu, que esta a traballar moito en mellorar a infraestructura deportiva, e en mellorar tamén o funcionamento interno do club.

PREGUNTA – Dentro de todos os anos que levas, ¿ que é o que máis destacarías do Club?

RESPOSTA – O crecemento que tivemos dende que se colleu de novo a ADN,no ano 2017. Comezouse con 5 equipos,cerca de 80 xogadores e cunha pequeña axuda para material, e rematamos o ano pasado con 10 equipos, máis de 140 xogadores e unha estructura que parece que dá os seus froitos. Tamén destacaría que ADN abreu campos que ata que apareceu nunca se levaran a cabo en Negreira, como son os equipos feminino ou biberón.

PREGUNTA – Entón con equipos en todas as categorías, ¿Con qué presuposto conta A.D.Nicrariense?

RESPOSTA – O presuposto é un presuposto humilde, no que se pode deducir que existen moitisimos gastos para manter todos eses equipos. Se mal non recordó , rondaba os 75.000 € se todo fose con normalidade; pero coa pandemia do COVID vanse reducir moitisimo os ingresos que realizaba o Club, estimamos que quizais 1/3 do que tiñamos pensado nun principio. De todos modos, estamos a loitar para tratar de conseguir socios e patrocinadores para seguir sacando os equipos, polo menos igual que o ano pasado.

PREGUNTA – ¿ En que medida afectou o COVID?

RESPOSTA – Claramente en todos os sentidos que poden afectar a un club coma o noso. Pero como xa dixen antes, somos un club que se debe os xogadores de Negreira e comarca e desde o inicio deste pandemia tanto a xunta directiva como eu tivemos claro que ahora é o momento no que se necesitan ós equipos,moito máis se falamos de rapaces, sempre con sentidiño e en entornos controlados; por iso e con moitas dificultades tratamos de sacar as cousas adiante.

PREGUNTA – Dentro de ese presuposto, ¿ten ADN algunha prioridade?

RESPOSTA – A prioridade mais grande que temos ahora mesmo, e que se teña polo menos a oportunidade de facer deporte e xogar o fútbol creando un hábitos para que o día de mañan os rapaces e rapazas, non esten por exemplo todo o día nos bares ou andando por ahí solos. A min persoalmente, non me chama especialmente que se trate de subir categorías se despois os nosos deportistas están por aí adiante, como pasaba ata agora. Con esto non quero decir, que non renunciemos a nada, como foi o ano pasado, que fomos capaces de ascender o equipo sénior todo con xente de aquí. Pero para todo eso, hai que ter un club que traballe ben, que teña unha estructura ben definida, e en eso estamos na ADN. Despois o tempo acabará falando.

PREGUNTA – A raiz de eso, ¿Cree que se estivo a traballar ben no Fútbol Base nos últimos anos?

RESPOSTA – O Fútbol Base en Negreira penso que se abandonou un pouco dende que se fixera a fusión entre SD Negreira e ADN. Non se mirou tanto como se fixera por exemplo na primeira etapa da ADN. Na miña opinión, dende esa fusión no ano 2010 a prioridade foi sempre manter o primer equipo o mais arriba posible e o fútbol base en cambio só para cubrir gastos e cando se opta por esa opción sempre hai alguén que acaba perdendo, como foi que acabou pasando. ADN como club, está a traballar para recuperar ese bo traballo que se fixera na primeira etapa, e de momento no pouco tempo que levamos, os números van saindo en todos os sentidos.

PREGUNTA – O equipo sénior da A.D.Nicrariense contou na tempada pasada con moito xuvenís que debutaron na 2º Autonómica e coa plantilla case na sua totalidade con xogadores do pobo.¿ Cal é o obxetivo primordial deste equipo?

RESPOSTA – O Obxetivo fundamental é como levo diciendo,tratar de aguantar os rapaces de aquí e aguantar a categoría. Tamén aproveitar para darlle saida os xuvenís e que se vaian formando como se leva realizando ata o de agora. Este equipo ten que ser o espello que reflexe a saude do fútbol base Nicrariense.

PREGUNTA – En canto o equipo femenino, existe un grupo moi novo de rapazas, sendo case todas de etapa cadete ou xuvenil ¿que aspiracións existen para este equipo?

RESPOSTA – Este equipo femenino, é un dos grandes éxitos da ADN. Sempre existiron rapazas en Negreira que adestraban nos equipos benxamins, ou alevins e que non tiñan continuidade aquí; por iso se buscou darlle unha oportunidade montando  un equipo femenino. A verdad, estamos encantados con elas, porque ó ser un grupo tan xoven permite que se integren mellor as rapazas que vaian saindo do fútbol base e gustaríanos que este equipo se perpetuara no tempo e existira mais afición de futbol femenino.

PREGUNTA – ¿Que tal é a relación con todos os otros estamentos de Negreira?

RESPOSTA – Na miña opinión teñen a A.D.Nicrariense algo de lado. O Concello, por exemplo, nas reclamación que fai o ADN prometen cousas e nas acaban facendo. Así por exemplo, as renovacións que son necesarias en Cepelo non se levan acabo e en cambio no outro campo municipal de Pedra Mamoa con moito menos volumen de partidos e xente sí se están sacando. Co que consideramos que nos teñen un pouco abandonados, ainda que o mal non llo fai o ADN senon os seus veciños. En canto a relación cos otros clubs,nos non temos ningún tipo de  problema con eles. Temos moi claro cal é o camiño que queremos seguir, quedou patente nas propostas por escrito que se espuxeron cando nolo solicitaron e que foron públicas nas redes sociais. Optouse pola política que leva reinando todos estes anos, co cal nos pechamos asunto e seguimos traballando pola nosa idea.

PREGUNTA – ¿Con canta masa social pode contar o Club? 

RESPOSTA – Nos últimos anos viña rondando os 350 socios, pero para esta tempada tan complicada, como xa falamos antes, e cunhas malas previsións que trae consigo o COVID-19 penso que vamos ter moitas dificultades para atopar socios. Trataremos, dende esta directiva poñer o máximo empuxe en buscar novos socios e patrocinadores. Tamén decir que temos varias casas comerciais que se ofreceron a colaborar con nós, pero ó non arrancar as competicións quedou en stand by.

PREGUNTA – Para terminar ¿ que lles diría dende aquí?

RESPOSTA – Diría que é un ano tremendamente complicado para todos, pero no que sempre hai que mirar hacia adiante. O deporte é un dos grandes empuxe de moita xente, máis se cabe nos rapaces e rapazas polo que sempre se debe apostar por eles, eso sí con “sentidiño” e tomando todas as precaucións posibles. Nos seguiremos traballando polos nosos rapaces e defenderemos este proxecto, tratando de facelo coa máxima transparencia e cercanía como fixemos ata o de agora. Vamos a necesitar a colaboración de todos e todas para tratar de sacar esto adiante e que nos faga sentir orgullosos, pero tamén estou seguro de que vai valer a pena.