/* 1.- ►► JQUERY ( Colocar en divi opciones /integregaciones header ) 2.- ►► JQUERY ( Añadir un módulo de codigo en la página y ahi pegar el Jquery */

entrevista a Victor Pazos

Coordinador Fútbol Base da SD Compostela

 

Creo que ter o respaldo dun equipo “profesional” engade valor ao proxecto. Os xogadores da ADN terán un seguimento continuo. E os adestradores e directivos terán un apoio constante en todo o que precisen.

Victor Pazos

Coordinados Fútbol Base da SD Compostela

 

Entrevistamos a Victor Pazos, un home que coñece o fútbol Nicrariense e que agora é o responsable do fútbol base da SD Compostela

P-QUÉ TAL? CÓMO TE ATOPAS TI PERSOALMENTE DESPOIS DE ESTE PERÍODO DE INACTIVIDADE? E, CÓMO AFRONTA O FÚTBOL BASE DA SD COMPOSTELA OS CAMPEONATOS DESPOIS DESTA PANDEMIA?

V.P.-Moi boas. Pois andamos a tope. A verdade é que tivemos máis actividade ca nunca. O fútbol base leva adestrando dende Outubro. Debido ás obras do noso campo de adestramento das Cancelas, vímonos na obriga de trasladar case todos os adestramentos para Chaian. Entre os traslados, os test de antíxenos aos xuvenís, a multitude de protocolos para todo, a posta en marcha da Academia Escolar, e a organización dos partidos do primeiro equipo con tanto protocolo, quizais está sendo un ano con máis actividade da esperada.

Estamos esperando o inicio dos campionatos como auga de Maio.

P-CÓNTANOS QUE OBXECTIVOS SE MARCA O PROXECTO QUE LIDERAS E EN QUE PUNTO DE ESES OBXECTIVOS SE ATOPA O COMPOS NESTES MOMENTOS.

V.P.-Cando cheguei ao club marquei uns obxectivos bastante optimistas pero creo que alcanzables. A idea era poder sentarnos na mesa de Lugo, Celta e Depor nun curto- medio prazo. Creo que a día de hoxe estamos a metade de camiño. O noso primeiro equipo está agora nunha categoría moi esixente e precisan de unha canteira acorde a esa categoría.

P-O COMPOSTELA FOI REFERENTE NA COMARCA FAI ANOS, E PARECE QUE SE VAI RECUPERANDO ESE BO FACER, COMO NAS CATEGORÍAS CADETE E XUVENIL, NON?.

V.P.-Conseguimos chegar co Cadete A á División de Honra por primeira vez dende a creación desta categoría e estamos moi preto de volver co Xuvenil A á División de Honra despois de 18 anos.

P-COMO ATOPACHES O CLUB CANDO CHEGACHES? E, DESPOIS DE ESTES CONVENIOS DE COLABORACIÓN QUE SE LEVAN FIRMANDO CON VARIOS CLUBS DE FÚTBOL BASE NESTES ANOS, INCLUÍDO O RECENTEMENTE FIRMADO CO ADN, CÓMO ESTÁ AGORA MESMO E CÓMO SE XESTIONA TODO ISO?

V.P.-Cando cheguei ao final da tempada 17-18, o club estaba inmerso nunha apaixonante transformación. Viña de facer unha renovación no primeiro equipo con xente da “casa”, un adestrador novo e cunha filosofía de formación e paciencia. A primeira tempada de esta transformación, a 16-17, fixeron un séptimo posto na liga, e nesta 17- 18 acabarían primeiros e xogarían a fase de ascenso. Pero os equipos da base aínda estaban tocando fondo.

Esta 17-18 remataría co descenso do Xuvenil A á Liga Galega. Só tiñamos un equipo Cadete con poucos xogadores que se salvaría do descenso a 2a autonómica gracias á fusión do Conxo e do Santiago ao quedar unha praza libre.

O Infantil A tamén se salvaba do descenso á 2a autonómica nas últimas xornadas e no fútbol 8 solo contabamos cun equipo Benxamín e dous Alevíns con plantillas moi curtas.

O que se intenta con estes acordos de colaboración é que todos os clubs dos arredores nos vexan como o club referente. Algo que ocorría cando eu xogaba ao fútbol. Que non nos vexan como unha ameaza que intenta marcharlle cos xogadores, senón todo o contrario. Intentamos axudar aos clubs veciños en todo o que poidamos e si en algún momento hai que potenciar a algún xogador que sobresae polo seu talento no seu club, que nos elixan a nós para que ese xogador continúe a súa “carreira” futbolística.

Neste senso, penso que melloramos moito a percepción que teñen os clubs de nós e tamén estamos nese bo camiño para que nos volvan a ver como club referente en Galicia.

P-ERES BO COÑECEDOR DA CANTEIRA NICRARIENSE POLO TEU PASO COMO ADESTRADOR E COORDINADOR, QUÉ VALORACIÓN FAS DA CANTEIRA DA NOSA COMARCA?

V.P.-Negreira é un pobo moi futboleiro. No meu último ano de Xuvenil (2001-2002) fixen a pretemporada e estiven medio ano adestrando co equipo de terceira división. Tanto ese ano como os seguintes, eran moitos os rapaces xuvenís que acababan xogando no primeiro equipo. A ADN era, nesa época, unha das mellores canteiras das voltas. Os xogadores saían de aí rumbo ao Compostela, Deportivo, ou Atlético de Madrid. Había unha gran ilusión pola canteira.

Logo, os éxitos do Negreira, que chegou a xogar en 2a B, foi eclipsando á canteira nicrariense. Viñeron xogadores de todos lados para poder manter ese nivel e os bos xogadores mozos de Negreira foron emigrando cara terras Xalleiras e Dubresas sobre todo.

É un problema que existe en case todos os concellos de Galicia. Encontrar ese equilibrio entre ter o equipo sénior o máis arriba posible e contar coa xente da casa. Penso que o máis rendible e exitoso a medio e longo prazo é a aposta pola xente da

casa. O día que todo Negreira reme na mesma dirección non me cabe dúbida de que Negreira volverá a ter a mellor canteira das voltas.

P-PODE SER ISTO BENEFICIOSO PARA A COMARCA DE BARCALA?

V.P.-Sí, claro. Estou convencido.

Creo que ter o respaldo dun equipo “profesional” engade valor ao proxecto. Os xogadores da ADN terán un seguimento continuo. E os adestradores e directivos terán un apoio constante en todo o que precisen.

P-O ACORDO COA ADN, FALA DE UNHA COLABORACIÓN TAMÉN COS ADESTRADORES DO CLUB; QUÉ METEDOLOXÍA PRETENDES OU PRETENDE O CLUB IMPLANTAR NA FORMACIÓN DESTES XÓVENES ADESTRADORES?

V.P.-Como ben dis, é só iso, unha colaboración. Non intentamos implantar nada. Na SD Compostela temos un encargado de metodoloxía que é Pablo Antas, xogador do primeiro equipo. É un enfermo do fútbol ademais de un adestrador moi formado. El supervisa e orienta o traballo dos nosos adestradores.

Tamén contamos con un departamento de psicoloxía formado por tres psicólogas, un nutricionista, un departamento de análises, etc….
O que lle ofrecemos aos equipos convenidos é que os seus adestradores poidan participar nas nosas xornadas de formación para adestradores pero sempre sen impoñer nada. Que se beneficien da nosa estrutura.

P-¿CALES SERÍAN AS LIÑAS MESTRAS PARA IMPRANTAR ESTA METODOLOXÍA?

V.P.-Non creo que haxa liñas mestras na nosa metodoloxía pero si puntos importantes. Por exemplo, no fútbol 8 cremos que a competición ten que ter un papel moi secundario e a formación debe ser o prioritario. Xa sei que todo o mundo opina isto pero logo o fin de semana vemos a nenos que solo xogan 5 minutos. Iso está prohibido. Todos os nenos deben xogar un mínimo de minutos.

Outro punto importante é a forma na que nos diriximos aos nenos. Moitas veces esquecemos de que os rapaces van ao fútbol para divertirse e ese ten que ser o obxectivo máis importante. Para iso é necesario que as tarefas sexan divertidas. Evitar as ringleiras interminables ou lograr que estean en contacto continuo co balón axudarán a conseguilo. E deixalos xogar o ansiado partido en todos os adestramentos. En fútbol 11 dámoslle un pouco máis de liberdade aos nosos adestradores. Todos coñecen a idea de xogo do primeiro equipo, as liñas máis recoñecibles. Intentar dominar, xogo combinado, presión tras pérdida, etc… Pero tamén é certo que me

gusta que todos os xogadores vaian aprendendo diferentes formas de ver o xogo. O que procuramos nestes equipos é ter aos mellores adestradores. Este ano conseguimos traer con nós a adestradores de altísimo nivel como Daniel Gesto ou Jose Miguens, que están a levar o Xuvenil de Nacional ás mil marabillas. Ou a Samu, xogador do primeiro equipo que está a axudar no Cadete de Honra. Ou ao mesmo Pablo Antas, que se ocupa do Xuvenil B.

P-O PRIMEIRO EQUIPO ESTÁ REALIZANDO UNHA TREMENDÍSIMA CAMPAÑA EN 2oB. ESTÁ SENDO ESTE UN ALICIENTE PARA OS XOGADORES MÁIS XÓVENES E ESTÁ A INFLUÍR ISTO NA CAPTACIÓN DE RAPACES PARA A SD. COMPOSTELA?

V.P.-Sí. Non sabería dicirche en que porcentaxe está a influír pero é un aliciente importante. Estes anos xa estabamos a recibir moitos nenos novos. Cando cheguei andabamos polos 100 nenos na canteira e a día de hoxe debemos andar en torno aos 250. Tiñamos 8 equipos inscritos na 17-18 e este ano temos 17 equipos.

P-POR ÚLTIMO, CÓMO TE ENCONTRAS MELLOR: ADESTRANDO OU COORDINANDO NUN CLUB CON TANTA HISTORIA? E, VESTE DIRIXINDO O PRIMER EQUIPO ALGÚN DÍA?

V.P.-Pois non sei que dicirche, a verdade. Adestrar gustoume moito no seu momento. Saquei o Nivel 3 e adestrei dende Biberóns ata Preferente. Pero quizais chegou un momento no que me apaixonei pola dirección. Fixen un par de cursos na Federación Española e algúns outros aquí en Galicia. Formeime para o cargo que ocupo agora. A día de hoxe, véxome máis dirixindo un club dende os despachos que dende o banquiño, pero nunca se sabe.